Noticias Feliz entrada no 2019

Otras Noticias

Querido 2018:

Faltan poucas horas para que chegues ao teu fin. Fuches un ano cheo de novas, de crecemento, de aprendizaxe...fuches un ano agradecido coa miña xente, xente que necesitaba abrazar a esperanza de novas oportunidades. Pero de novo, fuches un ano esixente co traballo, co esforzo, coa ilusión, coa implicación... pero querido amigo, eu xa te avisei ao comezo, a miña familia no tocante a iso nunca defrauda, ¿verdade?... Ese é o noso segredo, o segredo da nosa orixe, transmitido de xeración en xeración, dende fan 25 anos, dende os primeiros en confiar no noso proxecto, MONTERREI; aos que si me permites...GRAZAS.

Así creamos as nosas botellas de viño, ese é o segredo: a nosa terra e a nosa xente. E precisamente, cando falo da nosa xente, non podo evitar pensar no caprichoso que fuches, igual que os teus predecesores....por iso non nos vamos a despedir, porque as despedidas nunca serán sinxelas, así que, simplemente abrazaremos este novo ano 2019, estas 365 novas oportunidades que veñen. Nós prometemos seguir respectando o noso terruño, seguir apostando por un bo control e unha boa xestión por e para todos. Seguir crecendo, pero sobre todo seguir apostando pola nosa máxima, a nosa calidade diferenciada; porque sen dúbida, todo o cariño e mimo co que traballamos día a día está orientada a esa calidade. Só así, conseguiremos este orgullo, o orgullo do traballo ben feito, o orgullo de MONTERREI.

GRAZAS a todos os loitadores incansables polo voso compromiso con MONTERREI, polo voso compromiso co noso viño.

Brindemos por ese 2019!!!

Lara da Silva Rodríguez
Presidenta do C.R.D.O. Monterrei



 

Consejo Regulador

Entre las principales funciones del Consejo Regulador se encuentran la defensa del origen y velar por la calidad del producto adscrito, promover su promoción en los diferentes mercados, así como garantizar el cumplimiento del Reglamento y la normativa que rige las denominaciones de origen.

Aviso Legal

Contacto

C.D.R.O MONTERREI
Avda. Luis Espada, 73 bajo. 32600 Verín (Ourense)
Teléfono: + 34 988 590 007
E-mail: info@domonterrei.com

Síguenos