Noticias Feliz entrada no 2018

Otras Noticias

Querido adegueiro/a, viticultor/a e consumidor/a:

O ano 2017 está a piques de rematar. Certamente, non podemos negar que foi un ano complicado para a nosa Denominación. Lonxe de cumplir as promesas propias dun ano erixido por un número máxico, este 2017 ocasionounos perdas e desventuras díficiles de esquecer. Con todo como no resto das nosas vivenzas, somos coñecedores de que sen traballo e esforzo é imposible saír adiante, polo que me enorgullezco da familia que formamos, a cal soubo e saberá recompoñerse pouco a pouco, desta meteoroloxía tan dispar que nos acompañou. É verdade que a vendima foi atípica, é verdade que perdemos case o 36% da nosa produción, sendo a Denominación de Orixe galega con máis perdas acumuladas, pero tamén é verdade que o que salvamos e recuperamos foi mimado.

Mimado cun cariño especial, mimado co corazón, coas mans, e cos ollos daquel que mira e admira a esperanza; por iso a nosa calidade, a nosa calidade diferenciada, non vai, nen pode, desfalecer.

Somos alimentados por unha terra especial, e os nosos brancos e tintos así o demostran cos seus galardóns nos Premios Bacchus, Magnum, Cata dos Viños de Galicia, International Wine Challenge ou Concurso Nacional de Vinos Novos, entre outros.

Somos froito da nosa historia, dos numerosos lagares rupestres da zona, da tradición vitivinícola, do noso patrimonio inmaterial… Somos froito daqueles que nunca se renderon aínda que fóse imposible. Por iso este ano 2018 será unha oportunidade máis, unha oportunidade para seguir crecendo e na que o Consello Regulador porá todo o seu esforzo. Traballaremos acompañándonos uns aos outros, e apostando por unha boa xestión, un bo control e unha boa promoción dos nosos viños. Promoción que permita dentro dun ano dar a benvida a novos consumidores, e as grazas a aqueles que xa están aquí dende o primeiro día. Grazas a todos os que sumades.

Grazas a todos: consumidores, adegueiros, viticultores e a todas persoas (o meu equipo) que fan posible esta realidade.

Por vós, brindemos con viño de Monterrei, co noso viño pola feliz entrada nesta nova oportunidade chamada 2018.

A Presidenta do C.R.D.O. Monterrei

Lara Da Silva Rodríguez



 

Consejo Regulador

Entre las principales funciones del Consejo Regulador se encuentran la defensa del origen y velar por la calidad del producto adscrito, promover su promoción en los diferentes mercados, así como garantizar el cumplimiento del Reglamento y la normativa que rige las denominaciones de origen.

Aviso Legal

Contacto

C.D.R.O MONTERREI
Avda. Luis Espada, 73 bajo. 32600 Verín (Ourense)
Teléfono: + 34 988 590 007
E-mail: info@domonterrei.com

Síguenos